Esta nova entidade política, formada por todos os territorios vascos, incluída Navarra, debía basear o seu goberno nun lema (Deus e leis antigas), unha bandeira (a ikurriña), unha lingua (o euskera) e un inimigo (os maketos: inmigrantes españois chegados aos territorios vascos pola industrialización). En consonancia, para Arana os elementos definitorios da nova nación eran a raza vasca, o catolicismo, os foros, o euskera e o folclore tradicional.