A partir da segunda metade do XIX, en España xurdiron distintas manifestacións culturais e políticas que, especialmente en Cataluña, País Vasco e Galicia, evolucionarion na defensa da existencia de nacións propias diferenciadas da española. Este proceso de creación e consolidación dunha conciencia nacional propia pasou por dúas fases:
Nos seus comezos, un grupo de intelectuales burgueses comeza a interesarse pola historia, a lingua e a cultura da súa comunidade.
Pouco despois, aparece a axitación política que aspira a conseguir cotas de autogoberno, ampliando os apoios sociais. Por que aparece?(4)
1.Os gobernos da Restauración Borbónica apostan pola centralización política.
3.A burguesía catalá e vasca (lugares industrializados) sintan que están lonxe do poder de decisión e políticas que lles poden afectar a eles, por iso, demandan máis capacidade de decisión.
4.Débil sentimento nacionalista español (ex. Desastre do 98).
En liñas xerais, esta actuación política reivindicadora dos caracteres propios da comunidade tivo diferentes manifestacións:
Rexionalismo: termo empregado a partir de 1880 para designar aqueles movementos políticos e culturais que reivindican formas de descentralización administrativa e de autogoberno. Consideran que este autogoberno é un dereito histórico da comunidade.
Nacionalismo: movemento en defensa do recoñecemento da comunidade propia como unha nación diferenciada con soberanía propia e dereito ao autogoberno. Aparece a finais do século XIX.
Na orixe destes movementos políticos conflúen unha serie de factores culturais (diversidade lingüística), políticos (visión centralizadora e unidade lexislativa do estado liberal), económicos (desigual desenvolvemento, que xenerou desequilibrios: as zonas máis industrializadas non coincidían cos centros de decisión política) e sociais (débil sentimento nacional español e desilusión pola marcha xeral do país: desde o 98 aparece a idea de decadencia).