A partir de mediados do XIX, xurdiu en Galicia unha progresiva toma de conciencia das súas particularidades unida á defensa dos seus intereses económicos e políticos. O resultado foi a configuración dun heteroxéneo movemento, o galeguismo, que reivindica, con maior ou menor intensidade, o recoñecemento dos intereses de Galicia, a defensa do galego e o autogoberno.