->(1)Os partidos políticos non foron suprimidos, pero perderon a capacidade de intervir en política; pola contra, creouse unha organización cívica: a Unión Patriótica. Segundo Primo de Rivera, era “un partido político, pero no fondo apolítico”; foi un movemento de apoio e propaganda do réxime, que actuou como partido único no cal acabaron por integrarse as vellas redes caciquís que intentaba erradicar.