Desastre de Annual

Cards (6)

  • No 1912, o Goberno de España, previo acordo con Francia, estableceu un protectorado na súa zona de influencia do norte de Marrocos, quedando Tánxer como unha cidade baixo control internacional. Pero para manter o protectorado era preciso ocupalo e pacificalo de xeito efectivo.
  • O avance das tropas españolas no Rif seguía sendo lento e custoso ante a resistencia local es dificultades orográficas. Os gastos incrementáronse e o exército creou corpos específicos para a guerra en Marrocos: a Lexión (1920) e os regulares (recrutados marroquíes).
  • No 1921, o xeneral Silvestre, co obxectivo de obter unha vitoria rápida e impulsado polo rei, realizou unha maniobra militar adentrándose no Rif, coa intención de ocupar Alhucemas. As tribos cabilas rifeñas, lideradas por Abd-el-Krim, atacaron as posesións españolas e obrigaron a Silvestre a retirarse, morrendo máis de 12.000 soldados en Annual e causando a perda dunha importante cantidade de material bélico. Os soldados españois retrocederon ata Melilla e os rifeños fixéronse co control da zona en poucos días.
  • O desastre de Annual, con enormes perdas humanas, materiais, territoriais e prestixio, provocou un forte impacto na opinión pública e acentuou a impopularidade do exército. A oposición política e os medios de comunicación comezaron a pedir responsabilidades e o Congreso creou unha Comisión de Investigación que debía centrarse na actuación dos militares.
  • Esta investigación deu froito ao chamado Expediente Picasso, que difundiu a sospeita e a acusación de que detrás da actuación do xeneral Silvestre estaba a intervención de Afonso XII, o que incrementou o descrédito e a oposición á Monarquía. Nunca chegou ás Cortes.
  • Neste contexto de inestabilidade política, críticas ao rei e ao exército, conflitividade social, etc., o sistema só tiña dúas posibilidades: democratizarse ou impoñer unha solución de forza. Para lexitimar esta segunda opción, a máis aceptada pola oligarquía, recurriuse ao ideal rexeneracionista do “cirurxán de ferro” de Joaquín Costa: un goberno forte pero temporal, que puxera remedio aos males de España. A incapacidade do réxime para reformarse favoreceu a imposición da ditadura militar no 1923.