As reformas de Antonio Maura

Cards (7)

  • A primeira das crises do reinado de Afonso XII foi provocada polos militares. Despois do 98, as críticas contra o exército xeneralizáronse, causando un forte malestar entre os militares contra as autoridades, os partidos políticos, a prensa, a sociedade civil e o catalanismo, considerado como un perigo para a unidade da patria.
  • No 1905, algúns oficiais da guarnición de Barcelona asaltaron e destruíron a redacción da revista satírita Cu-Cut!, que publicara críticas contra o exército e artigos en defensa do catalanismo. A maior parte dos militares apoiou esta acción e o Goberno non se atreveu a investigar e penar aos culpables.
  • Alentados por isto, no 1906 o exército conseguiu, con apoio do rei, a aprobación da Lei de Xurisdicións1 , pola cal calquera delito de opinión e obra contra a patria e contra o exército quedaba sometido ao código militar e a tribunais castrenses, con penas máis punitivas que o código civil.
  • Deste modo, no 1906 o poder militar impúxose ao poder político. O exército reafirmouse no seu cambio de mentalidade: de defender o liberalismo a través de pronunciamentos no XIX a considerarse os salvadores da patria e da unidade nacional e defender, dun xeito cada vez máis claro, a existencia dun goberno militar autoritario.
  • No 1907, Maura, líder do Partido Conservador, foi nomeado presidente do Goberno. Tratou de introducir cambios significativos na vida política e na sociedade do país, pero sen modificar a estrutura social vixente. Das súas propostas, destacan dúas:
  • Lei de Reforma electoral de 1907: pretendía lograr unha maior efectividade electoral sen recorrer á fraude. Non obstante, a aplicación do artigo 29 logrou o efecto contrario: establecía que, cando nunha circunscrición non se presentasen máis candidatos que postos a cubrir, automaticamente quedaban proclamados deputados sen necesidade de proceso electoral. Os electores quedaban, na práctica, privados do dereito constitucional ao sufraxio.(A)
    • Lei de Administración local: pretendía incrementar as competencias e autonomía administrativa dos concellos e contemplaba a posibilidade de crear mancomunidades provinciais. Non se chegou a aprobar pola oposición das oligarquías locais, temerosas de perder o control dos concellos.(B)