1. A crise da Restauración borbónica

Subdecks (5)

Cards (28)

  • A segunda etapa da Restauración Borbónica estivo marcada polo reinado persoal de Afonso XIII. Iniciou o seu reinado en maio de 1902, con 16 anos, e desde o comezo mostrou intención de intervir en asuntos políticos e militares. En moitos casos, as súas accións sobrepasaron o que se esperaba dun rei constitucional e excedeu as atribucións dadas pola Constitución de 1876, o que xerou unha forte oposición política e social. O reinado vai estar condicionado por dous factores: as consecuencias do desastre do 98 e a paulatina fragmentación do sistema canovista.
  • En primeiro lugar, o Desastre do 98 (tema 5: consultar e repasar) supuxo as perda das últimas colonias en ultramar (Cuba, Puerto Rico e Filipinas) dunha forma humillante e perdendo o status de “imperio”. Isto vai ser o punto de inicio dun sentimento de pesimismo e frustración así como desconfianza cara as clases políticas sinaladas como as grandes culpables. Consecuencia deste desánimo foi unha corrente coñecida como Rexeneracionismo cuxo principal figura foi Joaquín Costa.
  • Debemos analizar diversos factores.(4)
    • Crise dos partidos tradicionais: Despois do desastre do 98, o apoio político aos partidos obreiros e nacionalistas dificultou a fraude electoral e o establecemento das quendas e con elo o mantemento do sistema canovista. Así mesmo, a morte de Cánovas (1897) e Sagasta (1898) deu inicio á descomposición dos partidos dinásticos, que quedaron sen un liderado forte capaz de aglutinar ás distintas correntes. Pronto comezaron a aparecer escisións.(1)
    • Crecente papel do exército na vida política: no primeiro terzo do s.XX, xeneralízase entre os militares un forte descontento cara a clase política, considerada culpable do desastre do 98 e das sucesivas derrotas militares que se viviron en Marrocos a comezos da centuria. Con apoio do rei, adoptan actitudes en defensa dos seus intereses corporativos, cada vez desde posicións máis autoritarias e conservadoras.(2)
    • Reorganización da oposición: como o republicanismo con apoio apoio das clases media, destaca a fundación do Partido Republicano Radical, de Alejandro Lerroux. Por outra banda, os nacionalismos periféricos comezan a ter representación política na vida municipal das cidade. Nestes últimos destacan os casos catalán, coa fundación da Liga Rexionalista Catalana no 1901 e no 1906 Solidaridade Catalana, e vasco (PNV, 1895). Participan na vida política e obteñen éxitos electorais a nivel municipal. (3)
    • Xurdimento das correntes anticlericais: Igrexa e Coroa apostaron por un catolicismo cada vez máis intransixente. Ante isto, republicanos e organizacións obreiras adoptaron posturas violentas.(4)
  • Estes factores provocaron o deteriorio progresivo do sistema e a existencia de crises políticas e sociais cada vez máis graves, como a de 1909 e 1917, que facilitaron o golpe de estado de 1923 e a quebra da monarquía constitucional.