Entre 1904- 1905, o contexto internacional motivou a sinatura de varios acordos hispano-franceses, que estableceron unha zona de influencia exclusiva de España no territorio norte de Marrocos, entre Larache e Melilla. Trátase dunha zona cunha orografía montañosa, onde destaca o macizo do Rif, de clima árido e habitada por tribos de orixe bérber, dominadas por caudillos locais, entre os que destacou Abd-el-Krim. A ocupación desta zona foi lenta e difícil, pois o exército español houbo de enfrontarse aos diferentes ataques e ás guerrillas das tribos rifeñas.